Ir o contido principal

BOPPO Nº 135_MANCOMUNIDADE DE CONCELLOS DO VAL MIÑOR - BASES E CONVOCATORIA PARA A CONTRATACIÓN DE OITO (8) SOCORRISTAS DE ESPAZOS NATURAIS

CONVOCATORIA PARA A CONTRATACIÓN DE 8 POSTOS DE SOCORRISTAS DE ESPAZOS NATURAIS PARA A MANCOMUNIDADE DE CONCELLOS DO VAL MIÑOR

Aprobadas por Resolución da Presidencia da Mancomunidade de Concellos do Val Miñor de data 08.07.2022 as bases da convocatoria para a contratación laboral temporal por circunstancias da produción para atender situacións ocasionais e previsibles de 8 postos de socorristas de espazos naturais para a realización do servizo “Servizo de salvamento e socorrismo nas praias da mancomunidade”.

Procédese á publicación do anuncio aos efectos de que as persoas interesadas presenten as súas solicitudes no prazo de 3 días contados a partir do día seguinte a publicación deste anuncio no BOPP e segundo o establecido nas bases da convocatoria publicadas integramente na Sede Electrónica da Mancomunidade (https://mancomunidaddeconcellosdovalminor.sedelectronica. gal).