Ir o contido principal

BOPPO Nº 135_CONCELLO DE TOMIÑO - CONVOCATORIA BOLSA DE EMPREGO VARIAS CATEGORÍAS

BOPPO Nº 135_O CONCELLO DE TOMIÑO, publica as seguintes convocatorias de emprego:

✅Creación dunha bolsa de emprego para as coberturas termporais que poidan producirse no cadro de OFICIAIS DE ALUMEADO do concello de Tomiño.

✅Para prover por concurso-oposición 1 PRAZA DE OPERARIA/O LABORAL con carácter interino mentras non se cubra a praza con carácter definitivo e a creación dunha BOLSA DE EMPREGO para as coberturas temporais que poidan producirseno cadro de operarias/os do concello de Tomiño.

✅A creación dunha bolsa de emprego para as coberturas temporais que poidan producirse no cadro laboral de LIMPIADORAS/ES do concello de Tomiño.

✍Pola presente ábrese un prazo de DEZ (10) días hábiles, a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra, para presentar as solicitudes e demais

documentación requirida no Rexistro Xeral do Concello de Tomiño de maneira presencial ou na sede electrónica tomino.sedelectronica.gal ou ben mediante calquera das formas establecidas no artigo 16.4 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas, todo elo de conformidade coas bases do procedemento expostas na páxina web do Concello (tomino.gal).

O resto dos anuncios (listas de admitidos, lugar e data das probas, etc.) da presente convocatoria serán publicados unicamente no taboleiro de anuncios electrónico da paxina web do Concello.

Para máis información, segue a ligazón do BOPPO ??