Ir o contido principal

BOPPO Nº 135_CONCELLO DE NIGRÁN - RECTIFICACIÓN DE BASES E APERTURA NOVO PRAZO DE PRESENTACIÓN DE INSTANCIAS PARA A FORMACIÓN DE BOLSA DE EMPREGO: TÉCNICAS/OS EN MEDIOAMBIENTE

APERTURA DUN NOVO PRAZO DE PRESENTACIÓN DE INSTANCIAS PARA A FORMACIÓN DUNHA BOLSA DE EMPREGO DE TÉCNICAS/OS EN MEDIO AMBIENTE, CON CARÁCTER DE PERSOAL INTERINO, ESCALA ADMINISTRACIÓN ESPECIAL, SUBESCALA TÉCNICA, GRUPO A E SUBGRUPO A2 NO CONCELLO DE NIGRÁN.

Expte. Núm.: 2022002249 (Rfª. 2022/01 ps)

Con data do 4/07/2022, en contestación aos recursos de reposición presentados contra as bases do proceso de referencia por dúas persoas interesadas, esta Alcaldía resolveu a estimación destes, polo que se procede á rectificación das bases e a apertura dun novo prazo de presentación de instancias para a formación dunha bolsa de emprego na categoría de técnicas/os en Medio Ambiente, con carácter de persoal interino, escala administración especial, subescala técnica grupo A e subgrupo A2, e ordena a publicación das bases reguladoras do proceso selectivo, coa rectificación realizada no apartado f) do punto 2º destas.

As bases rectificadas da convocatoria estarán expostas no Taboleiro de Anuncios e tamén se poderán consultar na Sede Electrónica do Concello de Nigrán (http://sede.nigran.org/).

O prazo para a presentación de novas solicitudes é de 5 días hábiles a contar dende o día seguinte ao da publicación deste anuncio no «Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra». Teranse en conta para o proceso selectivo as solicitudes xa presentadas en tempo e forma na anterior convocatoria