APROBACIÓN DAS BASES DO PROCESO DE SELECCIÓN PARA A CONTRATACIÓN DE 3 CONDUTORES DE VEHÍCULO MOTOBOMBA E 1 CAPATAZ, 1 PEÓN ESPECIALISTA CONDUTOR E 3 PEÓNS, EN CALIDADE DE PERSOAL LABORAL TEMPORAL A XORNADA COMPLETA, PARA A PARTICIPACIÓN EN TAREFAS DE PREVENCIÓN E DEFENSA CONTRA INCENDIOS FORESTAIS
Faise público para xeral coñecemento que mediante Resolución de Alcaldía do Concello de Lalín, en sesión do 1 de xullo de 2022, aprobáronse as bases para a contratación de tres condutoras/es e unha brigada, composta por unha/un capataz, un peoa/peón especialista condutora/tor e tres peoas/peóns.
O prazo de presentación de instancias será de 3 días naturais a partir do día seguinte ao da publicación do presente anuncio no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra.
As bases íntegras atópanse publicadas na sede electrónica do Concello de Lalín (https://lalin. sedelectronica.gal), no taboleiro de anuncios do Concello de Lalín, e na web municipal (www. lalin.gal), onde se publicarán os sucesivos anuncios desta convocatoria