Ir o contido principal

BOPPO Nº 132_CONCELLO DE OIA - PROCESO PARA A SELECCIÓN DE TRES CONDUTORAS/ES PARA O CAMIÓN MOTOBOMBA CON CARÁCTER DE PERSOAL LABORAL TEMPORAL, A TEMPO COMPLETO

PROCESO PARA A SELECCIÓN DE TRES CONDUTORES/AS PARA O CAMIÓN MOTOBOMBA CON CARÁCTER DE PERSOAL LABORAL TEMPORAL, A TEMPO COMPLETO:

Proceso para a selección de tres condutores/as para o camión motobomba para o Concello de Oia con carácter de persoal laboral temporal, a tempo completo Mediante Decreto de 363/2022 esta alcaldía acorda aprobar a convocatoria e bases que rexerán o procedemento selectivo para a selección de tres condutores/as do camión motobomba para o Concello de Oia con carácter de persoal laboral temporal.

O servicio prestarase durante 3 meses. Traballará a quendas, tendo plena dispoñibilidade, incluíndo nela os traballos en domingos, festivos e festas locais, así como as quendas de noite necesarias durante toda a vixencia do convenio.

As citadas bases poderán consultarse na sede electrónica do Concello de Oia, (tanto no taboleiro de anuncios da sede como no portal de transparencia): oia.sedelectronica.es

O prazo para a presentación de solicitudes será de 8 días naturais contados a partir do seguinte ó da publicación do anuncio da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia.