Ir o contido principal

BOPPO Nº 125_AUTORIDADE PORTURARIA DE VIGO - CONVOCATORIA PERSOAL LABORAL FIXO - TÉCNICA/O DE SISTEMAS DE INFORMACIÓN E COMUNICACIÓNS

ANUNCIO de convocatoria de praza de persoal laboral fixo correspondente á oferta de emprego público 2020.

A Autoridade Portuaria de Vigo, ao abeiro do establecido no Real decreto 936/2020, do 27 de outubro, polo que se aproba a oferta de emprego público para 2020, realiza a convocatoria para cubrir unha praza de persoal laboral fixo suxeito a convenio colectivo, mediante contrato de remuda indefinido a tempo completo, polo procedemento de concurso-oposición:

1 praza de técnico/a de sistemas de información e comunicacións, GII BII N2.

As bases da convocatoria e os impresos da solicitude están dispoñibles na páxina web da Autoridade Portuaria de Vigo (www.apvigo.es), na páxina web do OP Portos do Estado (www.puertos.es) e na páxina www.administracion.gob.es

Os/as aspirantes disporán dun prazo de dez (10) días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación do anuncio da convocatoria no Diario Oficial de Galicia (DOG), para a presentación de solicitudes.