Ir o contido principal

BOPPO Nº 122_CONCELLO DE DOZÓN_CONVOCATORIA SELECCIÓN CONDUCTORES VEHÍCULO MOTOBOMBA

CONVOCATORIA SELECCIÓN CONDUCTORES VEHÍCULO MOTOBOMBA De conformidade co decreto de 23 de xuño de 2022 faise pública a convocatoria para a selección de persoal laboral temporal para prevención e defensa contra incendios forestais no marco da do Convenio de Colaboración subscrito entre a Consellería do Medio Rural e o Concello de Dozón para a realización de accións de prevención e defensa contra os incendios forestais durante o ano 2022 por un perido de tres meses:

— Tres conductores de vehículo motobomba.

A convocatoria e as bases aprobadas publicaranse no taboleiro de anuncios do Concello e na sede electrónica do Concello de Dozón na seguinte dirección http:/dozon.sedelectronica.gal. O prazo de presentación de solicitudes será de dez días naturais contados a partir do seguinte á data de publicación do presente anuncio.