Ir o contido principal

BOPPO Nº 119_CONCELLO DE SILLEDA - CONVOCATORIA PROCEDEMENTO SELECTIVO PARA A CREACIÓN DA BOLSA DE EMPREGO COMO PERSOAL LABORAL TEMPORAL DE DOCENTES E EDUCADORES MEDIOAMBIENTAIS

CONVOCATORIA DE PROCEDEMENTO SELECTIVO PARA A CREACIÓN DA BOLSA DE EMPREGO COMO PERSOAL LABORAL TEMPORAL DE DOCENTES E EDUCADORES AMBIENTAIS PARA A XESTIÓN DO PROXECTO DEZA CIRCULAR COFINANCIADO POLO FONDO SOCIAL EUROPEO.

Por acordo da Xunta de Goberno Local celebrada o 16 de xuño de 2022, aprobáronse as Bases para a creación da bolsa de emprego como persoal laboral temporal de docentes e educadores ambientais para a xestión do proxecto Deza Circular cofinanciado polo Fondo Social Europeo.

O prazo de presentación de solicitudes é de 5 días hábiles contados dende o día seguinte ao da publicación do presente anuncio no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra.

As bases e demais documentación pódense consultar no Taboleiro de Anuncios do Concello e na Sede Electrónica Municipal, con acceso a través da dirección electrónica: https://silleda. sedelectronica.gal/