Ir o contido principal

BOPPO Nº 118_CONCELLO DE SILLEDA - CONVOCATORIA PROCESO SELECTIVO DE UNHA/UN SOCORRISTA PARA PISCINAS MUNICIPAIS

CONVOCATORIA DE PROCEDEMENTO SELECTIVO DE UNHA/UN SOCORRISTA PARA PISCINAS MUNICIPAIS, ANO 2022

Por acordo da Xunta de Goberno Local celebrada o 16 de xuño de 2022, aprobáronse as bases para a contratación como persoal funcionario interino por execución de programa de carácter temporal de UN socorrista para a prestación das labores de vixilancia e salvamento nas piscinas de Silleda e Bandeira durante a tempada de verán 2022 dentro da campaña denominada “SALVAMENTO E SOCORRISMO PISCINAS MUNICIPAIS DE SILLEDA PARA O VERÁN DE 2022”.

O prazo de presentación de solicitudes é de 2 días naturais contados dende o día seguinte ao da publicación do presente anuncio no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra.

As bases e demais documentación pódense consultar no Taboleiro de Anuncios do Concello e na Sede Electrónica Municipal, con acceso a través da dirección electrónica: https://silleda. sedelectronica.gal/