Ir o contido principal

BOPPO Nº 116_CONCELLO DE NIGRÁN - APERTURA DUN NOVO PRAZO DE PRESENTACIÓN DE INSTANCIAS PARA A FORMACIÓN DUNHA BOLSA DE EMPREGO NA CATEGORÍA DE TÉCNICOS/AS EN MEDIO AMBIENTE

APERTURA DUN NOVO PRAZO DE PRESENTACIÓN DE INSTANCIAS PARA A FORMACIÓN DUNHA BOLSA DE EMPREGO NA CATEGORÍA DE TÉCNICOS/AS EN MEDIO AMBIENTE, CON CARÁCTER DE PERSOAL INTERINO, ESCALA ADMINISTRACIÓN ESPECIAL, SUBESCALA TÉCNICA GRUPO A E SUBGRUPO A2

Con data do 13/06/2022, esta Alcaldía, en contestación ao recurso de reposición presentado contra as bases do proceso de referencia por unha persoa interesada, resolveu a estimación deste, polo que se procede á rectificación das bases e a apertura dun novo prazo de presentación de instancias para a formación dunha bolsa de emprego na categoría de técnicos/as en Medio Ambiente, con carácter de persoal interino, escala administración especial, subescala técnica grupo A e subgrupo A2, e ordena a publicación das bases reguladoras do proceso selectivo, coa rectificación realizada no apartado f) do punto 2º destas

. As bases rectificadas da convocatoria estarán expostas no Taboleiro de Anuncios e tamén se poderán consultar na Sede Electrónica do Concello de Nigrán (http://sede.nigran.org/).

O prazo para a presentación de novas solicitudes é de 5 días hábiles a contar dende o día seguinte ao da publicación deste anuncio no «Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra». Teranse en conta para o proceso selectivo as solicitudes xa presentadas en tempo e forma na anterior convocatoria.