BASES PARA A SELECCIÓN QUE REXEN O PROCEDEMENTO PARA A CONTRATACIÓN LABORAL TEMPORAL MEDIANTE UN CONTRATO FORMATIVO DUNHA PERSOA COA TITULACIÓN DE GRAO EN ENXEÑERÍA DE EDIFICACIÓN/ARQUITECTURA TÉCNICA OU EQUIVALENTE
As presentes bases estarán expostas ao público nas oficinas da Casa Consistorial do Concello, e máis na páxina WEB oficial do Concello de As Neves na sede electrónica, con dirección electrónica https://concelloasneves.sedelectronica.gal durante o prazo que perdure o procedemento motivo das mesmas.
Os interesados que desexen participar no proceso selectivo deberán presentar unha instancia dirixida á Sr Alcalde do Concello de As Neves, no prazo de 3 días hábiles contados a partir do seguinte ao da publicación do anuncio da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra (BOPPO).


