Bases e convocatoria para a formación dunha bolsa de emprego na categoría de técnico/a en Medio Ambiente do Concello de Nigrán Mediante resolución do día 25/05/2022, e corrección de erros do 01/06/2022, esta Alcaldía aprobou a convocatoria e as bases reguladoras do proceso selectivo para a formación dunha bolsa de emprego, na categoría de técnicos/as en Medio Ambiente do Concello de Nigrán, con carácter de persoal interino, escala administración especial, subescala técnica e grupo A e subgrupo A2.
As bases da convocatoria estarán expostas no Taboleiro de Anuncios e na Sede Electrónica do Concello de Nigrán (http://sede.nigran.org/).
O prazo para a presentación de solicitudes será de 5 días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación da convocatoria no «Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra».


