APROBACIÓN BASES E CONVOCATORIA PARA A CONSTITUCIÓN DUNHA BOLSA DE EMPREGO DE PERSOAS FUNCIONARIAS INTERINAS, ESCALA ADMINISTRACIÓN XERAL, SUBESCALA ADMINISTRATIVA, GRUPO C, SUBGRUPO C1, POSTO ADMINISTRATIVO.
Aprobadas por Resolución de Alcaldía núm. 2022-0583, as bases e a convocatoria para a constitución dunha bolsa de emprego de persoas funcionarias interinas pertencentes á escala de de Administración Xeral, subescala administrativa, Grupo C, subgrupo C1 posto administrativo, ábrese o prazo de presentación de solicitudes, que será de 10 días hábiles a contar desde o día seguinte á publicación deste anuncio no Boletín Oficial da Provincia.
Na sede electrónica deste Concello (salcedadecaselas.sedelectronica.gal/board//) e con carácter complementario na paxina web do concello (http://salcedadecaselas.gal/), aparecen integramente publicadas as bases que deben rexer a convocatoria e o proceso de selección.
Os sucesivos anuncios desta convocatoria, cando procedan de conformidade coas bases, publicaranse na sede electrónica deste Concello (salcedadecaselas.sedelectronica.gal/board//).
Contra as presentes bases, que pon fin á vía administrativa, pódese interpor alternativamente ou recurso de reposición potestativo, no prazo dun mes a contar desde o día seguinte á publicación do presente anuncio, ante a Alcaldesa de Salceda de Caselas, de conformidade cos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións públicas, ou recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses a contar desde o día seguinte á publicación do presente anuncio, de conformidadeco artigo 46 da Lei 29/1998, de 13 de xullo, da Xurisdición Contencioso-Administrativa. Se se optase por interpor o recurso de reposición potestativo, non poderáinterpor recurso contencioso-administrativo ata que aquel sexa resolto expresamente ou se produciu a súa desestimación por silencio.


