BOPPO Nº 101_CONCELLO DE TOMIÑO, publica:
BASES DA CONVOCATORIA para a provisión como funcionaria/o interina/o, art.. 10.1.c), R.D. Lexislativo 5/2015, de 30 de outubro, Programas de carácter temporal, DUNHA PRAZA DE TÉCNICO NO MARCO DO PROGRAMA PARA A XESTIÓN DE CANDIDATURAS E PROXECTOS ENMARCADOS NO PLAN DE RECUPERACIÓN, TRANSFORMACIÓN E RESILIENCIA NEXT GENERATION EU E NO NOVO MARCO FINANCEIRO PLURIANUAL 2021-2027.
Pola presente ábrese un prazo de DEZ (10) días hábiles, a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra, para presentar as solicitudes e demais documentación requirida no Rexistro Xeral do Concello de Tomiño de maneira presencial, na sede electrónica tomino.sedelectronica.gal ou ben mediante calquera das formas establecidas no artigo 16.4 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas, todo elo de conformidade coas bases do procedemento expostas na páxina web do Concello (tomino.gal).
O resto dos anuncios (listas de admitidos, lugar e data das probas, etc.) da presente convocatoria serán publicadas unicamente na paxina web do Concello de Tomiño.


