Ir o contido principal

BOPPO 199_DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA_CONVOCA UNHA (1) PRAZA TÉCNICA/O DEPORTES

CONVOCATORIA DE PROCESO PERTENCENTE AO PLAN DE ESTABILIZACIÓN DE EMPREGO TEMPORAL DA DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA PARA CUBRIR AS NECESIDADES DE CARÁCTER ESTRUTURAL E PERMANENTE NOS DISTINTOS CENTROS E SERVIZOS DA DEPUTACIÓN PROVINCIAL, OEP 2018 (CE2021J)

O número de prazas e dos postos vacantes, a súa denominación e características relaciónanse a continuación:

— Unha praza de técnico/a de Deportes, encadrada na escala de Administración especial, subescala técnica, clase media, integrada no grupo A2.

Sistema de selección Concurso-oposición libre.

O prazo para presentar as solicitudes será de 20 días naturais, contados a partir do día seguinte ao da publicación da convocatoria no Boletín Oficial do Estado (BOE), mediante extracto, e previa publicación do texto íntegro das bases e a convocatoria no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra (BOPPO) e o extracto no Diario Oficial de Galicia (DOG).

PARA AMPLIAR ESTA INFORMACIÓN, PREME NA LIGAZÓN