BOPPO Nº 106_CONCELLO DE DOZÓN, publica:
a convocatoria para a selección de persoal laboral temporal para prevención e defensa contra incendios forestais no marco da Segunda Addenda do Convenio de Colaboración subscrito entre a Consellería do Medio Rural e o Concello de Dozón para a participación na prevención e defensa contra incendios forestais mediante a actuación de medios de prevención e defensa, cofinanciado parcialmente co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural:
• TRES CONDUCTORAS/ES DE VEHÍCULO MOTOBOMBA.
A convocatoria e as bases aprobadas publicaranse no taboleiro de anuncios do Concello e na sede electrónica do Concello de Dozón na seguinte dirección http:/dozon.sedelectronica.gal
O prazo de presentación de solicitudes será de DEZ (10) días naturais contados a partir do seguinte á data de publicación do presente anuncio.


