Ir o contido principal

BASES XERAIS PROCESOS SELECTIVOS CONCELLO DE PONTEVEDRA PARA CUBRIR VACANTES

O concello de Pontevedra publica o ANUNCIO POLO QUE SE CONVOCAN OS PROCESOS SELECTIVOS E SE DA PUBLICIDADE ÁS BASES XERAIS E ESPECÍFICAS QUE REGULAN A CONVOCATORIA DE PROCESOS SELECTIVOS PARA CUBRIR PRAZAS VACANTES NO CONCELLO DE PONTEVEDRA INCLUÍDAS NAS OFERTAS DE EMPREGO PÚBLICO DOS ANOS 2017 E 2020:

⭐️ Subgrupo A1. Clasificación: escala de administración xeral, subescala técnica. Número de vacantes: 1. Denominación: Técnico, mediante quenda libre. O sistema de selección será o de oposición libre.
⭐️ Subgrupo A2. Clasificación: escala de administración xeral, subescala de xestión. Número de vacantes: 2. Denominación: Técnico medio de xestión, mediante promoción interna. O sistema de selección será mediante concurso-oposición.
⭐️Subgrupo C1. Clasificación: escala de administración xeral, subescala administrativa. Número de vacantes: 1. Denominación: Administrativo, mediante quenda libre. O sistema de selección será o de oposición libre.
⭐️ Subgrupo A1. Clasificación: escala de administración especial, subescala técnica, clase técnicos superiores. Número de vacantes: 1. Denominación: Técnico superior de mantemento de espazos públicos, mediante quenda libre. O sistema de selección será o de oposición libre.
⭐️Subgrupo A1. Clasificación: escala de administración especial, subescala técnica, clase técnicos superiores.
Número de vacantes: 1. Denominación: Técnico de deportes, mediante quenda libre. O sistema de selección será o de oposición libre.
⭐️Subgrupo A1. Clasificación: escala de administración especial, subescala técnica, clase técnicos superiores. Número de vacantes: 1. Denominación: Arquiveiro, mediante quenda libre. O sistema de selección será o de oposición libre.
⭐️Subgrupo A2. Clasificación: escala de administración especial, subescala técnica, clase técnicos medios. Número de vacantes: 1. Denominación: Enxeñeiro técnico industrial, mediante quenda libre. O sistema de selección será o de oposición libre.
⭐️Subgrupo A2. Clasificación: escala de administración especial, subescala servizos especiais, clase cometidos especiais. Número de vacantes: 1. Denominación: Técnico medio informático, mediante quenda libre. O sistema de selección será o de oposición libre.
⭐️Subgrupo C1. Clasificación: escala de administración especial, subescala servizos especiais, clase cometidos especiais. Número de vacantes: 1. Denominación: Xestor de contidos e soporte de administración electrónica, mediante quenda libre. O sistema de selección será o de oposición libre.
⭐️Subgrupo C2. Clasificación: escala de administración especial, subescala servizos especiais, clase persoal oficios. Número de vacantes: 2. Denominación: Oficial Electricista, mediante promoción interna. O sistema de selección será mediante concurso-oposición.
⭐️Subgrupo C2. Clasificación: escala de administración especial, subescala servizos especiais, clase persoal oficios. Número de vacantes: 1. Denominación: Oficial condutor mecánico, mediante promoción interna. O sistema de selección será mediante concurso-oposición.
⭐️Subgrupo C2. Clasificación: escala de administración especial, subescala servizos especiais, clase persoal oficios. Número de vacantes: 2. Denominación: Oficial xardiñeiro, mediante promoción interna. O sistema de selección será mediante concurso-oposición.
⭐️Subgrupo C2. Clasificación: escala de administración especial, subescala servizos especiais, clase persoal oficios. Número de vacantes: 4. Denominación: Oficial de obras. Das catro prazas convocadas, tres cubriranse polo procedemento de promoción interna e unha mediante quenda libre. O sistema de selección será mediante oposición para a que se convoca por quenda libre e concurso-oposición para as que se convocan por promoción interna.
⭐️Agrupación profesional. Clasificación: escala de administración especial, subescala servizos especiais, clase persoal oficios. Número de vacantes: 6. Denominación: Operario, mediante quenda libre. O sistema de selección será o de oposición libre.
📌As solicitudes deberán presentarse preferentemente por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica do Concello de Pontevedra, seguindo as indicacións do procedemento correspondente establecido no catálogo de procedementos (http://sede.pontevedra.gal/publ…/catalog/catalog-index.xhtml).
As instancias dirixiranse ao Excmo. Sr. Alcalde do Excmo. Concello de Pontevedra, e presentaranse no prazo dos 20 DÍAS NATURAIS a partir do seguinte a aquel en que apareza o anuncio da convocatoria no Boletín Oficial do Estado. A instancia conterá, polo menos, os datos persoais do solicitante, co seu enderezo e a denominación da praza convocada á que opta, achegando o DNI e xustificación do pagamento dos dereitos de exame