Ir o contido principal

DOG Nº 224_FUNDACIÓN CESGA - PROCESO SELECTIVO PERSOAL TÉCNICO (UN/UNHA) - CONTRATO TEMPORAL

📌A FUNDACIÓN PÚBLICA GALEGA CENTRO TECNOLÓXICO DE SUPERCOMPUTACIÓN DE GALICIA publlica o ANUNCIO polo que se convoca o proceso selectivo para unha praza de persoal técnico (referencia GRAPEVINE-20-TSP1).

Modalidade contractual: contrato temporal, a xornada completa, para a realización dun proxecto específico de investigación científica e técnica regulado polo disposto na lexislación vixente que resulte de aplicación e, en particular, polos artigos 12 e 15 do Real decreto lexislativo 2/2015, do 23 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores.

👉As bases do proceso selectivo están expostas na sede da Fundación Cesga (Edificio Cesga, avenida de Vigo s/n, Campus Vida, 15705 Santiago de Compostela) e na páxina web: https://www.cesga.es/gl/transparencia-2/emprego/

👉O prazo de presentación de solicitudes será de dez (10) días naturais contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.