Ir o contido principal

APERTURA LISTAS CONTRATACIÓN SEAGA

A EMPRESA PÚBLICA DE SERVIZOS AGRARIOS GALEGOS, S.A. (SEAGA) publicou no DOG nº 198 o

ANUNCIO polo que se fai pública a apertura de determinadas listas para a incorporación de novos/as candidatos/as ou actualización de méritos no sistema de listas previas para a selección de persoal temporal, así como o peche daqueloutras que contan cun excesivo número de persoal inscrito. DATA LÍMITE 31 DE OUTUBRO!!!

A información relativa a este anuncio está exposta na sede da Empresa Pública de Servizos Agrarios Galegos, S.A. (Seaga), sita no polígono industrial do Tambre, Vía Marconi, nº 14, 15890 Santiago de Compostela, e na páxina web de Seaga (www.epseaga.com).

👉 Tamén podes obter máis información premendo na seguinte ligazón https://emprego.xunta.gal/portal/index.php/gl/?option=com_content&view=article&id=514&fbclid=IwAR24Ff4O6wHXNBhM6UypXQJswNog6XIeFTPwfoTyEgAJpURlz_MUkgQQcLs