O obxecto das presentes bases é a selección e posterior contratación de 3 condutores para vehículo motobomba para a brigada municipal de prevención de incendios forestais dentro do marco do Convenio de colaboración subscrito entre a Consellería do Medio Rural e do Mar e o Concello de Cangas para a participación na prevención e defensa contra os incendios forestais mediante a actuación de medios de prevención e defensa, cofinanciado parcialmente co Fondo Europeo Agrícola de desenvolvemento rural (FEADER) no marco do PDR de Galicia 2014-2020.
A presentación de instancias será de 10 días hábiles, do 03/08/2017 ata o 17/08/2017.


