Ir o contido principal

Proceso selectivo 3 condutores para vehículo motobomba

O obxecto das presentes bases é a selección e posterior contratación de 3 condutores para vehículo motobomba para a brigada municipal de prevención de incendios forestais dentro do marco do Convenio de colaboración subscrito entre a Consellería do medio rural e do mar e o Concello de Cangas para a participación na prevención e defensa contra os incendios forestais mediante a actuación de medios de prevención e defensa, cofinanciado parcialmente co Fondo Europeo Agrícola de desenvolvemento rural (FEADER) no marco do PDR de Galicia 2014-2020.


A contratación será de carácter laboral e temporal, cunha duración máxima de tres meses en réxime de xornada completa, cun salario bruto mensual de 1135,00 €.  A duración do contrato contarase a partir da data da súa sinatura. A duración do contrato poderá ser reducida por debaixo do máximo indicado para adaptala á do convenio de colaboración.