Ir o contido principal

Contratación laboral temporal de 2 técnicos/as de turismo para as oficinas de Turismo de Cangas ao abeiro da subvención convocada pola Axencia de Turismo de Galicia

O obxecto das presentes bases é a selección e posterior contratación de 2 técnicos/as para as oficinas de Turismo para o Concello de Cangas polo sistema de concurso - oposición libre en base á concesión ao Concello de Cangas da subvención convocada pola Axencia de Turismo de Galicia por resolución de 29/12/2016 (DOG nº 13 de 19/01/2017) para a contratación de persoal nas oficinas de turismo en concellos declarados municipios turísticos.