Ir o contido principal

XUVENTUDE MENTORING

Xa está aberta, ata o 1 de agosto, a convocatoria de 250 prazas para participar na II edición do programa Xuventude Mentoring, un pioneiro programa da Xunta de Galicia destinado a favorecer a transición laboral das persoas mozas recén tituladas, a través do apoio dunha rede de mentores procedentes do empresariado galego.

 

O programa, cofinanciado polo Fondo Social Europeo a través do Programa Operativo de Emprego Xuvenil, desenvólvese en colaboración co Cixug e as tres universidades galegas.

 

Poden participar no programa as persoas mozas de entre 18 e 30 anos, inscritas e beneficiarias do Sistema Nacional de Garantía Xuvenil que teñan cursado estudos universitarios de grao/posgrao ou formación profesional superior nunha universidade ou centro de estudos galego (ou fóra de Galicia nalgúns casos excepcionais establecidos na convocatoria).

 

As diferentes accións do programa desenvolveranse entre setembro e decembro de 2022 e consistirán en:

 

Seguimento e acompañamento especializado polo equipo de titores/as

Actividades formativas de desenvolvemento do perfil competencial para a busca de emprego, por conta propia ou allea

Actividades de networking e visitas a empresas

Mentorías a cargo de persoas profesionais procedentes do sector económico de interese

 

Xuventude Mentoring conta actualmente cunha rede de máis de 150 mentores e 21 entidades colaboradoras, o que permitiu que case o 60% das persoas mozas participantes na I edición se atopen traballando ou desfrutando de bolsas de formación.

 

Toda a información e o formulario de inscrición poden atoparse na web do programa:

 

https://www.xuventudementoring.gal/

 

Máis información do programa:

 

https://youtu.be/p8zBJDVksMI

 

Poden desgargar o folleto informativo facendo clic na ligazón que se xunta