Ir o contido principal

A XUNTA OFRECE FORMACIÓN GRATUITA EN LIÑA, EN COMERCIO ELECTRÓNICO PARA PERSOAS AUTÓNOMAS DE GALICIA

??A XUNTA OFRECERÁ FORMACIÓN EN LIÑA E GRATUITA EN COMERCIO ELECTRÓNICO A 1.200 AUTÓNOMAS E AUTÓNOMOS DE GALICIA.

⭐Impartiranse dous tipos de cursos, un BÁSICO e outro de ESPECIALIZACIÓN, dirixidos a catro perfís: MENORES DE 30 anos, MULLERES, PERSOAS ENTRE 31 e 44 anos e PERSOAS AUTÓNOMAS que tiveron que pechar a súa actividade pola pandemia e MAIORES DE 45 anos.

✍As persoas interesadas en participar nos cursos, que se comezarán a impartir a partir do próximo 20 de maio, poden solicitar dende HOXE día 11/05/2021 a súa praza a través da páxina web www.autonomosdixitais.com ou do mail info@autonomosdixitais.com.