Ir o contido principal

PROXECTO LABORA 2020_DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA - ITINERARIOS FORMATIVOS PARA A OBTENCIÓN DE CERTIFICADOS DE PROFESIONALIDADE.

Bo día!! ☀ Dende a Deputación Provincial de Pontevedra a través do programa LABORA 2020, póñense en marcha itinerarios formativos para a obtención de certificados de profesionalidade. Este proxecto está cofinanciado polo Fondos Social Europeo (FSE) e a formación que se imparte é gratuíta para as persoas participantes.

REQUISITOS das persoas participantes:

• Persoas desempregadas de longa duración (PLD)

• Mozas e mozos menores de 30 anos non atendidos no Programa Operativo de Emprego Xuvenil (POEX)

• Persoas maiores de 55 anos

• Persoas con discapacidade

• Inmigrantes

• Minorías étnicas e comunidades marxinadas

• Outros colectivos desfavorecidos: persoas que viven en fogares compostos dunha única persoa adulta con fillas ou fillos ao seu cargo; persoas sen fogar ou afectadas pola exclusión en materia de vivenda; vítimas de violencia de xénero, vítimas de discriminación por orixe racial ou étnico, orientación sexual e identidade de xénero; solicitantes de asilo; persoas con problemas de adicción; persoas reclusas e ex reclusas; persoas perceptoras de rendas mínimas ou salarios sociais; persoas con fracaso ou abandono escolar

• Outras persoas en situación de vulnerabilidade acreditada por un informe dos servizos sociais.

SE ESTÁS INTERESADA OU INTERESADO EN SOLICITALO, SÓ TES QUE SEGUIR OS SEGUINTES PASOS:

• Solicitar a formación correspondente na oficina de emprego correspondente ou no portal da Consellería de Economía, Emprego e Industria (http://emprego.xunta.gal).

• Facendo a preinscrición na sede electrónica da Deputación de Pontevedra (https://sede.depo.gal/.../catalog/catalog-details.xhtml...)

ADEMAIS PODERÁS ACOLLERTE AS AXUDAS ECONÓMICAS VINCULADAS AOS MESMOS SE CUMPLES OS SEGUINTES REQUISITOS:

Os itinerarios formativos do proxecto Labora 2020 dispoñen dunha axuda económica de 13,45€ por día de asistencia para aquelas persoas que non teñan ingresos individuais de calquera natureza superiores ao 75% do IPREM e asistan ao 90% da formación.CARTEL INFORMATIVO_1