Ir o contido principal

PROXECTO "EMPRENDER E POBOAR"

INFORMACIÓN

Achegamos información sobre un proxecto de inserción para a súa difusión entre as persoas demandantes de emprego:

O proxecto chamado "EMPRENDER E POBOAR" é un proxecto realizado por UATAE, Unión de Asociaciones de Trabajadores Autonómos y Emprendedores, subvencionado pola Conselleria de Promoción de Emprego e Igualdade da Xunta de Galicia.

O seu obxetivo é a orientación e formación laboral para mulleres migrantes, co fin de conseguir que as usuarias que participen no mesmo elaboren un plan de empresa solvente a través dun curso gratuito de 8 horas sobre formación laboral, ademais de tutorías individualizadas segundo as necesidades que presenten cada unha delas. También se lles facilitará axuda e asesoramento legal en base á súa situación administrativa ou calquera outro aspecto que elas requiran.

A zona de intervención sería a Comarca de Caldas, O Salnés, O Morrazo e algunha outra zona intermedia de poboación na provincia de Pontevedra.