Ir o contido principal

PROXECTO DE ORIENTACIÓN LABORAL EMPLEARTE EN PONTEVEDRA

CARTEL INFORMATIVO EMPLEARTE

A Fundación Santa María la Real porá en marcha un novo proxecto de orientación laboral EmpleArte en Pontevedra, programa impulsado pola Fundación Santa María la Real, cofinanciado polo Fondo Social Europeo (dentro do programa POISES) e a Consellería de Emprego e Igualdade da Xunta de Galicia.

Emplearte é un programa de orientación laboral gratuito para axudar ás persoas maiores de 45 anos en situación de desemprego de longa duración a reactivar a súa búsqueda de emprego. A súa innovación reside no uso de técnicas e procesos creativos de varias disciplinas artísticas para motivar ás persoas participantes, fomentar o seu crecemento persoal e a partir de aí reactivar a súa búsqueda de emprego no novo mercado laboral.

As persoas interesadas en participar no programa, totalmente gratuito, deben encher o formulario de inscripción habilitado na seguinte web: https://www.emple-arte.org/es/inscribete.