FUNDACIÓN GOODJOB, organización sen ánimo de lucro que traballa pola integración laboral de persoas con discapacidade, ofrece realizar formación gratuíta e online para traballar no sector das novas tecnoloxías e as telecomunicacións.
IMPACT #understand é un programa de empregabilidade intensivo e práctico especializado en BIG DATA (análise de datos) de 5 semanas, modalidade online con horario de 8:30 a 15:00 horas, sobre o manexo, tratamento e análise de datos masivos. Non se require formación nin experiencia previa.
Requisitos das persoas interesadas:
- Certificado de discapacidade en vigor.
- Estar en situación de desemprego.
Máis información PREME NA LIGAZÓN QUE SE XUNTA.
IMPACT #include é un programa de empregabilidade especializado de 7 semanas, modalidade online con horario de 8:30 a 15:00 horas, sobre ciberseguridade xeral, ciberseguridade perimetral, ciberintelixencia, hacking ético, cumprimento legal, redes, firewalls,…….. Non se require formación nin experiencia previa en contornas tecnolóxicas.
Requisitos das persoas interesadas:
- Certificado de discapacidade en vigor.
- Estar en situación de desemprego.
Máis información PREME NA LIGAZÓN QUE SE XUNTA.
Ligazóns