Ir o contido principal

PROGRAMA XUVENTUDE MENTORING, DE ESPECIAL INTERESE ENTRE AS PERSOAS XOVES INSCRITAS NO SNGX

Achegamosvos a información do programa Xuventude Mentoring, de especial interese entre as persoas xoves inscritas no SNGX

Tes rematados os teus estudios de grao, posgrao ou formación profesional e necesitas apoio para atopar un emprego?

A Xunta de Galicia, en colaboración co Cixug e as tres universidades galegas acaba de convocar un programa pioneiro de formación e mentorizaxe destinado a favorecer a transición á vida laboral das persoas mozas tituladas na nosa comunidade autónoma.

Así, través de Xuventude Mentoring recibirás:

  1. Asesoramento e apoio para a busca de emprego, por conta allea ou por conta propia, coa titorización dunha persoa mentora.

  2. Formación presencial, semipresencial ou en liña, dirixida a desenvolver habilidades e competencias clave para o teu futuro desenvolvemento profesional.

  3. Invitación a eventos e visitas a empresas destinadas a establecer unha rede de contactos (networking).

  4. Seguimento e asesoramento continuado por parte do equipo especializado do programa.

Trátase dun programa cofinanciado polo Fondo Social Europeo e a Iniciativa de Emprego Xuvenil, nun 91,89%, con cargo ao Programa Operativo de Emprego Xuvenil, e destinado a persoas mozas inscritas e beneficiarias do Sistema Nacional de Garantía Xuvenil en Galicia.

Consulta o folleto que te achegamos e, se cumpres os requisitos, non perdas a oportunidade! O prazo de presentación de solicitudes remata o vindeiro 10 de setembro e só tes que cubrir un sinxelo formulario en liña dispoñible aquí:

https://xuventudementoring.cixug.gal/

E se tes algunha dúbida, contacta connosco a través do correo: mentoring@cixug.gal

Esperámoste!

Folleto informativo