Ir o contido principal

PRAZO PARA PREINSCRIBIRSE NAS ACCIÓNS DE FORMACIÓN PARA O EMPREGO QUE ESTÁ A DESENVOLVER O CONCELLO DE CANGAS

CONTINÚA ABERTO O PRAZO PARA PREINSCRIBIRSE NAS ACCIÓNS DE
FORMACIÓN PARA O EMPREGO QUE ESTÁ A DESENVOLVER O CONCELLO
DE CANGAS
O Concello de Cangas está a levar a cabo diversas actuacións de formación e emprego en relación coa nova normalidade xerada pola Covid-19. Con tal motivo, as persoas que estean interesadas en formarse para o emprego poden chamar á Casa de Oficios para solicitar información e preinscribirse nas diversas accións formativas que se iniciarán en breve (modalidade presencial e/ou en liña). En concreto, continúa aberto o prazo para os cursos de:

-caixeiro/a-repoñedor/a

-charcuteiro/a

-limpeza e desinfección de locais, instalacións e edificios

-manipulador/a de alimentos

-condución de carretillas elevadoras.


Tendo en conta a situación actual motivada pola Covid-19, o número de prazas vaise reducir coa fin de cumprir coa normativa vixente en canto ao aforo, distancia interpersoal, limpeza e desinfección dos espazos, etc.
As persoas interesadas deben preinscribirse o antes posible chamando ao teléfono da Casa de Oficios do Concello, o 986304650 (9:00 a 14:00 h.), podendo tamén enviar un correo co nome, apelidos e teléfono de contacto a


casadeoficios@cangas.gal


Cangas, 19 de novembro de 2020
CONCELLERÍA DE DESENVOLVEMENTO ECONÓMICO, EMPREGO E PERSOAL