Ir o contido principal

Obradoiro de emprego (OE)

No Obradoiro de Emprego realízanse obras ou servizos de utilidade pública ou de interese social que posibilitan as persoas traballadoras participantes a realización dun traballo efectivo (traballo en obra real) que, xunto coa formación ocupacional recibida, relacionada con dito traballo, procura a súa cualificación profesional e favorece a súa inserción ou reinserción laboral.

Ditas obras ou servizos están relacionadas con novos xacementos de emprego, como servizos de utilidade colectiva, servizos de ocio e culturais e servizos personalizados de carácter cotián.

Simultaneamente coa formación e a experiencia proporciónase orientación e asesoramento e información profesional e empresarial.