Ir o contido principal

NOVOS ITINERARIOS FORMATIVOS_LABORA 2020

A Deputación de Pontevedra está executando o proxecto Labora 2020 coa cofinanciación do Fondo Social Europeo (FSE). A partir do mes de marzo iniciaremos novos itinerarios formativos. Toda a formación que se imparte é gratuíta para as persoas participantes e conducente á obtención de certificados de profesionalidade. Os itinerarios previstos son:

NIVEL

ITINERARIO

LOCALIDADE

DURACIÓN

1

ACTIVIDADES AUXILIARES DE ALMACÉN (COML0110)

O PORRIÑO

242

1

ACTIVIDADES AUXILIARES EN CONSERVACIÓN E MELLORA DE MONTES (AGAR0309)

TOMIÑO

302

2

DINAMIZACIÓN DE ACTIVIDADES DE TEMPO LIBRE EDUCATIVO, INFANTIL E XUVENIL (SSCB0209 )

VIGO

342

2

DINAMIZACIÓN DE ACTIVIDADES DE TEMPO LIBRE EDUCATIVO, INFANTIL E XUVENIL (SSCB0209 )

PONTEVEDRA

342

1

LIMPEZA DE SUPERFICIES E MOBILIARIO EN EDIFICIOS E LOCAIS (SSCM0108)

VIGO

262

1

LIMPEZA DE SUPERFICIES E MOBILIARIO EN EDIFICIOS E LOCAIS (SSCM0108)

PONTEVEDRA

262

1

LIMPEZA DE SUPERFICIES E MOBILIARIO EN EDIFICIOS E LOCAIS (SSCM0108)

TUI

262

3

SEGURIDADE INFORMÁTICA (IFCT0109)

NIGRÁN

532

1

SERVICIOS AUXILIARES DE SALÓN DE PEITEADO (IMPQ0108)

PONTEVEDRA

362

2

SOCORRISMO EN ESPAZOS ACUÁTICOS NATURAIS (AFDP0209)

BAIONA

452

2

SOCORRISMO EN INSTALACIÓNS ACUÁTICAS (AFDP0109)

PONTEVEDRA

402

Os itinerarios formativos do proxecto Labora 2020 están destinados a persoas desempregadas da provincia de Pontevedra que se atopen en algunha das seguintes situacións:

  • Persoas desempregadas de longa duración (PLD)
  • Mozas e mozos menores de 30 anos non atendidos no Programa Operativo de Emprego Xuvenil (POEX)
  • Persoas maiores de 55 anos
  • Persoas con discapacidade
  • Inmigrantes
  • Minorías étnicas e comunidades marxinadas
  • Outros colectivos desfavorecidos: persoas que viven en fogares compostos dunha única persoa adulta con fillas ou fillos ao seu cargo; persoas sen fogar ou afectadas pola exclusión en materia de vivenda; vítimas de violencia de xénero, vítimas de discriminación por orixe racial ou étnico, orientación sexual e identidade de xénero; solicitantes de asilo; persoas con problemas de adicción; persoas reclusas e ex reclusas; persoas perceptoras de rendas mínimas ou salarios sociais; persoas con fracaso ou abandono escolar
  • Outras persoas en situación de vulnerabilidade acreditada por un informe dos servizos sociais

 

 

A solicitude de participación poderá realizarse a través da sede electrónica da Deputación de Pontevedra de forma telemática no caso de ter certificado dixital ou algunha das claves do sistema clave, en caso contrario deberá presentarse nun rexistro físico con toda a documentación necesaria. Este é o enlace á sede electrónica  https://sede.depo.gal/web/public/catalog/catalog-details.xhtml?idbduacproceduretype=72018166&siacode=2148482

 

Os itinerarios formativos do proxecto Labora 2020 dispoñen dunha axuda económica de 13,45€ por día de asistencia para aquelas persoas que non teñan ingresos individuais de calquera natureza iguais ou superiores ao 75% do IPREM e asistan ao 90% da formación.