Ir o contido principal

LABORA 2020_ITINERARIOS FORMATIVOS

XESTIÓN DE CHAMADAS DE TELEASISTENCIA

Procedemos a dar difusión dos itinerarios formativos do proxecto Labora 2020 que a Deputación de Pontevedra pon en marcha coa cofinanciación do Fondo Social Europeo (FSE). Detectada unha errata, achegamos o novo material de difusión:

?Os itinerarios formativos que temos previsto iniciar a partir do mes de MAIO son:

⭐Atención sociosanitaria a persoas dependentes en institución sociais

⭐Atención sociosanitaria a persoas dependentes no domicilio

⭐Xestión de chamadas de teleasistencia (CANGAS)

⭐Docencia da formación profesional para o emprego (CANGAS).

✅Toda a formación é gratuíta e está destinada a persoas desempregadas da provincia de Pontevedra que se atopen en algunha das seguintes situacións:

?Persoas desempregadas de longa duración (PLD)

?Mozas e mozos menores de 30 anos non atendidos no Programa Operativo de Emprego Xuvenil (POEX)

?Persoas maiores de 55 anos

?Persoas con discapacidade

?Inmigrantes

?Minorías étnicas e comunidades marxinadas

?Outros colectivos desfavorecidos: persoas que viven en fogares compostos dunha única persoa adulta con fillas ou fillos ao seu cargo; persoas sen fogar ou afectadas pola exclusión en materia de vivenda; vítimas de violencia de xénero, vítimas de discriminación por orixe racial ou étnico, orientación sexual e identidade de xénero; solicitantes de asilo; persoas con problemas de adicción; persoas reclusas e ex reclusas; persoas perceptoras de rendas mínimas ou salarios sociais; persoas con fracaso ou abandono escolar

?Outras persoas en situación de vulnerabilidade acreditada por un informe dos servizos sociais

✍Para solicitar a preinscrición son necesarios os seguintes pasos:

☝️Solicitar a formación correspondente na oficina de emprego correspondente ou no portal da Consellería de Economía, Emprego e Industria (http://emprego.xunta.gal).

✌️Facendo a preinscrición na sede electrónica da Deputación de Pontevedra (https://sede.depo.gal/.../catalog/catalog-details.xhtml...)

Os itinerarios formativos do proxecto Labora 2020 dispoñen dunha axuda económica de 13,45€ por día de asistencia para aquelas persoas que non teñan ingresos individuais de calquera natureza superiores ao 75% do IPREM e asistan ao 90% da formación.