Ir o contido principal

FORMACIÓN OCUPACIONAL_PATRONATO BEIRAMAR_MOAÑA (PRAZO DE PREINSCRIPCIÓN ABERTO)

Bo día!! O #PATRONATO #BEIRAMAR de #MOAÑA, ven de publicar a formación ocupacional para este ano 2021, orientada a persoas desempregadas inscritas como demandantes de emprego no SPEG.

Se estades interesadas ou interesados en realizar algún dos cursos publicados, non dubidedes en realizar a preinscripción previa, segundo documento adxunto na propia páxina informativa.

FORMACIÓN SOLICITADA:

- Socorrismo en espazos acúaticos e naturais (dúas edicións); NIVEL 2; 438 horas

- Socorrismo en instalacións acuáticas (1 edición); NIVEL 2; 388 horas

- Montaxe e mantemento dos sistemas domóticos e inmóticos (1 edición); NIVEL 2; 558 horas

- Atención sociosanitaria a persoas dependentes en institucións sociais (1 edición); NIVEL 2; 468 horas

- Atención sociosanitaria a persoas dependentes no domicilio (1 edición); NIVEL 2; 618 horas

- Instalación de elementos de cartpintaría (1 edición); NIVEL 2; 578 horas

- Organización e xestión de almacéns (1 edición); NIVEL 3; 408 horas

- Docencia da formación profesional para o emprego (1 edición); NIVEL 3; 398 horas

- Operacións básicas de revestimentos lixeiros e técnicos en construcción (1 edición); NIVEL 1; 328 horas

- Traballos de carpintaría e moble (1 edición); NIVEL 1; 378 horas

AQUÍ deixamos a ligazón para que poidades acceder a información