Ir o contido principal

DOG Nº 81_ACADEMIA GALEGA DE SEGURIDADE PÚBLICA (AGASP)-CURSO PRIMEIROS AUXILIOS E ACTUACIÓN INICIAL DE EMERXENCIAS EN ESPAZOS ACUÁTICOS NATURAIS INCLUIDO NO CURSO DE ADAPTACIÓN DA ACTIVIDADE FÍSICA E DEPORTIVA AO SOCORRISMO EN ESPAZOS ACUÁTICOS NATURAIS

RESOLUCIÓN do 19 de abril de 2022 pola que se convocan cursos do módulo de Primeiros auxilios e actuación inicial en emerxencias en espazos acuáticos naturais, incluído no Curso de adaptación da actividade física e deportiva ao socorrismo en espazos acuáticos naturais (CAFDO-EAN-4), co obxectivo de acadar a formación mínima que debe reunir o persoal auxiliar de información e primeiros auxilios en espazos acuáticos naturais no ámbito territorial da Comunidade Autónoma de Galicia e a súa inscrición no Rexistro profesional do persoal de socorrismo, información e primeiros auxilios de Galicia.

Destinatarios/as Persoas interesadas na inscrición no Rexistro Profesional do persoal de socorrismo, información e primeiros auxilios de Galicia na sección do persoal auxiliar de información e primeiros auxilios en espazos acuáticos naturais por medio da acreditación da formación mínima establecida no artigo 7 do Decreto 152/2021, do 21 de outubro.

Solicitudes

a) O persoal que desexe participar nos cursos convocados nesta resolución deberá cubrir o formulario de matrícula telemática dispoñible na páxina web da Agasp (http://agasp.xunta.gal); non se admitirá ningunha outra forma ou modelo de solicitude.

b) As persoas que non sexan usuarias da páxina web da Agasp deberán previamente darse de alta nela, para o que é necesario facilitar unha conta persoal de correo electrónico.

c) En caso de dúbida, dificultades técnicas ou necesidade de máis información poderán dirixirse á Agasp a través dos números de teléfono 886 20 61 37, 886 20 61 38 e 886 20 61 39

Prazo de inscrición O prazo de inscrición será de quince (15) días naturais a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

PARA AMPLIAR ESTA INFORMACIÓN SE ESTÁS INTERESADA OU INTERESADO, PREME NA LIGAZÓN QUE SE XUNTA.