Ir o contido principal

DOG Nº 54_CONSELLERÍA CULTURA, EDUCACIÓN E UNIVERSIDADE - CONVOCATORIA PARA A REALIZACIÓN DAS PROBAS OBTENCIÓN DOS CERTIFICADOS CELGA 1, 2, 3 e 4.

RESOLUCIÓN do 9 de marzo de 2022, da Secretaría Xeral de Política Lingüística, pola que se convocan as probas para a obtención dos certificados de lingua galega, niveis Celga 1, 2, 3 e 4, no ano 2022.

Persoas destinatarias. As persoas maiores de dezaseis anos ou que os fagan no ano natural da convocatoria, nacionais ou estranxeiras

Datas de realización das probas. As probas dos distintos niveis Celga terán lugar nos meses de maio e xuño de 2022, sempre que ningunha circunstancia excepcional o impida. As datas concretas serán debidamente publicadas no Diario Oficial de Galicia, así como na páxina web da Secretaría Xeral de Política Lingüística (http://www.lingua.gal).

As probas realizaranse en Santiago de Compostela e en Ponferrada.

Localidade                                                        Nivel

Santiago de Compostela         Celga 1        Celga 2         Celga 3       Celga 4

Ponferrada                                   -               Celga 2         Celga 3       Celga 4

As sedes e horarios para a realización das probas publicaranse na páxina web da Secretaría Xeral de Política Lingüística (http://www.lingua.gal) xunto coas listaxes definitivas das persoas admitidas.

As persoas que desexen inscribirse nas probas Celga deberán cubrir o formulario de solicitude, segundo o modelo PL500C, que se publica como anexo I, e aboar a taxa correspondente. No formulario de solicitude deberán indicar a proba ou as probas ás cales solicitan presentarse, así como a localidade, e dirixilo á Secretaría Xeral de Política Lingüística.

PARA AMPLIAR ESTA INFORMACIÓN, PREME NA LIGAZÓN QUE SE XUNTA