Ir o contido principal

DOG Nº 52_CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN, CULTURA E UNIVERSIDADE - CONVOCATORIA PROBAS PARA OBTENCIÓN CERTIFICADOS DE LINGUA GALEGA (GELGA)

SE ESTÁS A PREPARAR AS PROBAS PARA A OBTENCIÓN DO CERTIFICADO DE LINGUA GALEGA (CELGA) INTERÉSACHE!!

🚨A CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN, CULTURA E UNIVERSIDADE, publica:

RESOLUCIÓN do 8 de marzo de 2021, da Secretaría Xeral de Política Lingüística, pola que se convocan as probas para a obtención dos certificados de lingua galega, niveis Celga 1, 2, 3 e 4, no ano 2021 (código de procedemento PL500C).

📅DATAS DE REALIZACIÓN DAS PROBAS.

As probas dos distintos niveis Celga terán lugar nos meses de maio e/ou xuño de 2021, sempre que a evolución da crise sanitaria ocasionada pola COVID-19 o permita. As datas concretas serán debidamente publicadas no Diario Oficial de Galicia, así como na páxina web da Secretaría Xeral de Política Lingüística (http://www.lingua.gal).

📌LOCALIDADES ONSE SE VAN REALIZAR AS PROBAS DE NIVEIS:

As probas realizaranse en Santiago de Compostela e en Ponferrada.

As sedes e horarios para a realización das probas publicaranse na páxina web da Secretaría Xeral de Política Lingüística (http://www.lingua.gal) xunto coas listaxes definitivas das persoas admitidas.

✍O prazo de presentación das solicitudes, así como o de pagamento da taxa correspondente aos dereitos de exame, será de quince días, que se contarán a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia. Se o último día do prazo é inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte.

CLICA NA SEGUINTE LIGAZÓN PARA OBTER MÁIS INFORMACIÓN