Ir o contido principal

DOG Nº 46_CONSELLERÍA DO MAR - CONVOCATORIA EXAMES ORDINARIOS OBTENCIÓN TITULACIÓNS QUE HABILITAN O GOBERNO DE EMBARCACIÓNS DE LECER E MOTOS NÁUTICAS

RESOLUCIÓN do 17 de febreiro de 2022, da Dirección Xeral de Desenvolvemento Pesqueiro, pola que se convocan exames ordinarios teóricos e prácticos para a obtención das titulacións que habilitan para o goberno das embarcacións de lecer e motos náuticas na Comunidade Autónoma de Galicia (código de procedemento PE616C).

Para a presentación de solicitudes deberán empregarse os modelos normalizados correspondentes do código do procedemento administrativo PE616C, que están dispoñibles na sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal

Para obter as titulacións de patrón/patroa de embarcacións de lecer, patrón/patroa de iate e capitán/capitá de iate, as persoas interesadas deberán ter cumpridos os 18 anos de idade no momento en que se realicen as probas para a obtención destes títulos.

O título de patrón/patroa para navegación básica poden obtelo os/as menores de idade que teñan cumpridos os 16 anos no momento de realización das probas, sempre que acrediten, mediante a presentación por escrito do consentimento dos seus pais, nais ou titores/as legais, e superen os requisitos teóricos e prácticos exixidos no Real decreto 875/2014, do 10 de outubro.

As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica, a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal. 

PARA AMPLIAR ESTA INFORMACIÓN, PREME NA LIGAZÓN QUE SE XUNTA.