Ir o contido principal

DOG Nº 44_CONSELLERÍA DE EMPREGO E IGUALDADE - CONVOCATORIA PROBAS DE AVALIACIÓN EN COMPETENCIAS CLAVE PARA ACCEDER A CERTIFICADOS DE PROFESIONALIDADE NIVEIS 2 e 3

DOG Nº 44_CONSELLERÍA DE EMPREGO E IGUALDADE, publica:

🚨RESOLUCIÓN do 26 de febreiro de 2021, da Dirección Xeral de Formación e Colocación, pola que se convocan PROBAS DE AVALIACIÓN EN COMPETENCIAS CLAVE PARA ACCEDER AOS CERTIFICADOS DE PROFESIONALIDADE NIVEIS 2 e 3 de cualificación.

✍SOLICITUDES:

As solicitudes, xunto coa documentación requirida, presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal). Para presentar as solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).

A solicitude tamén estará dispoñible no portal web da Consellería de Emprego e Igualdade

(https://ceei.xunta.gal/.../Formacion-ocupacional-e-continua?

content=topic_0145.html).

⏳PRAZO:

O prazo de presentación de solicitudes comezará a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia e rematará o 7 de abril de 2021.