Ir o contido principal

DOG Nº 39_CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E UNIVERSIDADE_CONVOCA A PROBA PARA A OBTENCIÓN DO TÍTULO DE BACHAREL PARA MAIORES DE 20 ANOS.

RESOLUCIÓN do 17 de febreiro de 2022, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se convoca a proba para a obtención do título de bacharel para maiores de vinte anos e se ditan instrucións para a súa realización

Obxecto e ámbito de aplicación A presente resolución ten por obxecto convocar a proba para a obtención do título de bacharel para persoas maiores de vinte anos correspondente ao ano 2022 na Comunidade Autónoma de Galicia (código de procedemento administrativo ED534A) e determinar as condicións en que se realizará.

Modalidades

1. A proba convócase para as modalidades de Ciencias e de Humanidades e Ciencias Sociais.

2. Non obstante o anterior, poderanse inscribir na proba, e titularen pola modalidade de Artes, as persoas que estean en condicións de validar o segundo exercicio conforme o establecido na segunda parte do anexo III da presente resolución.

Requisitos que deben reunir as persoas aspirantes Poderán participar nesta proba as persoas que cumpran os seguintes requisitos:

a) Ser maior de 20 anos ou facer esa idade no ano 2022.

b) Non estar en posesión do título de bacharel ou de calquera outro título declarado equivalente para efectos académicos.

c) Non estar a cursar ensinanzas de bacharelato en ningunha das súas modalidades ou réximes nin ter estado matriculado nesas ensinanzas no curso escolar 2021/22.

Prazo, lugar e forma de presentación das solicitudes de inscrición e documentación complementaria

1. O período de inscrición na proba estará comprendido entre o 7 e o 16 de marzo de 2022.

2. As persoas aspirantes poderán inscribirse nos dous exercicios que integran a proba ou nun deles.

3. As solicitudes de inscrición deberán presentarse presencialmente nos centros educativos sinalados no número 4 desta epígrafe e en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común, utilizando o formulario normalizado (anexo I) dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal

e) Centro EPA Río Lérez, avenida de Buenos Aires, 26, 36002 Pontevedra.

f) Centro EPA Berbés, rúa Marqués de Valterra, 8, 1º, 36202 Vigo.

SE ESTÁS INTERESADA OU INTERESADO EN AMPLIAR ESTA INFORMACIÓN, PREME NA LIGAZÓN QUE SE XUNTA.