Se estás interesada ou interesado en presentarte ás probas para a obtención do título de BACHARELATO, no DOG nº 37 publicouse a RESOLUCIÓN da CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E UNIVERSIDADE na que se convoca a proba para a obtención do título de bacharel para persoas maiores de vinte anos correspondente ao ano 2021 na Comunidade Autónoma de Galicia (código de procedemento administrativo ED534A) e determinar as
condicións en que se realizará.
Modalidades
1. A proba convócase para as modalidades de Ciencias e de Humanidades e Ciencias Sociais.
2. Non obstante o anterior, poderanse inscribir na proba, e titular pola modalidade de Artes, as persoas que estean en condicións de validar o segundo exercicio conforme o establecido na segunda parte do anexo III da presente resolución.
Prazo, lugar e forma de presentación de solicitudes de inscrición
1. O período de inscrición na proba estará comprendido entre o 3 e o 10 de marzo de 2021.
4. Os centros onde se pode presentar a solicitude son os seguintes:
e) Centro EPA Río Lérez, avenida de Buenos Aires, 26, 36002 Pontevedra.
f) Centro EPA Berbés, rúa Marqués de Valterra, 8-1º, 36202 Vigo.


