Ir o contido principal

DOG Nº 34_CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E UNIVERSIDADE - CONVOCATORIA EXAMES PARA OBTENCIÓN DE CARNÉS E HABILITACIÓNS PROFESIONAIS DE 15 ESPECIALIDADES

A Consellería de Cultura, Educación e Universidade vén de convocar os exames para a obtención de carnés e habilitacións profesionais nun total de 15 especialidades diferentes, tal e como publica o Diario Oficial de Galicia nº 34 publicado o 19/02/2021.

As probas desenvolveranse en dúas convocatorias. Para a primeira, o prazo de presentación de solicitudes será desde o día 22 de febreiro ao día 8 de marzo de 2021, ambos os dous incluídos; mentres que para a segunda estará aberto desde o día 21 de xuño ao día 5 de xullo de 2021, ambos os dous incluídos. O obxectivo desta convocatoria é facilitar a obtención desta acreditación, que favorece a incorporación ao mercado laboral das persoas que a posúen.

Os exames que se celebrarán en cada convocatoria son os que se reflicten na táboa que poderás consultar na seguinte ligazón👇👉: