Ir o contido principal

DOG Nº 31_CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E UNIVERSIDADE_CONVOCATORIA PROBAS PARA A OBTENCIÓN DE CARNÉS PROFESIONAIS E HABILITACIÓNS PROFESIONAIS NO ANO 2022

Obxecto O obxecto desta orde é establecer o procedemento que seguirá a Consellería de Cultura, Educación e Universidade para a realización dos exames encamiñados á obtención dos carnés profesionais e das habilitacións profesionais (código do procedemento ED527A) para o ano 2022 nas seguintes especialidades:

Carnés profesionais:

– Carné profesional en instalacións térmicas de edificios. 

– Carné profesional de operador/a de guindastre torre.

– Carné profesional de operador/a de guindastre móbil autopropulsado, categoría A.

– Carné profesional de operador/a de guindastre móbil autopropulsado, categoría B

Habilitacións profesionais:

– Operador/a industrial de caldeiras.

– Instalador/a de gas, categoría A.

– Instalador/a de gas, categoría B. – Instalador/a de gas, categoría C.

– Instalador/a de produtos petrolíferos líquidos, categoría I.

– Instalador/a de produtos petrolíferos líquidos, categoría II.

– Reparador/a de produtos petrolíferos líquidos, categoría III.

– Manipulador/a de equipamentos con sistemas frigoríficos de calquera carga de refrixerantes fluorados.

– Manipulador/a de equipamentos con sistemas frigoríficos de carga de refrixerante inferior a tres quilogramos de gases fluorados

– Manipulador/a de equipamentos de transporte refrixerado de mercadorías de calquera carga de refrixerantes fluorados.

– Manipulador/a de equipamentos de transporte refrixerado de mercadorías que empreguen menos de tres quilogramos de refrixerantes fluorados.

Requisitos das persoas aspirantes Para seren admitidas á realización das probas, as persoas aspirantes deberán cumprir os seguintes requisitos:

a) Estaren en idade legal laboral ou teren a idade mínima que, de ser o caso, poida exixir a normativa sectorial correspondente.

b) Requisitos específicos que para cada especialidade se establezan na normativa vixente.

PARA AMPLIAR ESTA INFORMACIÓN, PREME NA LIGAZÓN QUE SE XUNTA