Ir o contido principal

DOG Nº 30_VICEPRESIDENCIA PRIMEIRA E CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, XUSTIZA E TURISMO - CONVOCATORIA BOLSAS DE FORMACIÓN FUNDACIÓN GALICIA EUROPA.

VICEPRESIDENCIA PRIMEIRA E CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, XUSTIZA E TURISMO

ORDE do 31 de xaneiro de 2022 pola que se autoriza a Fundación Galicia Europa para conceder subvencións e se aproban as bases reguladoras para a concesión de bolsas de formación, dirixidas a persoas cun título universitario ou cun título de técnico superior de formación profesional, para realizar prácticas en asuntos relacionados coa Unión Europea (código de procedemento PR770N).

E

ORDE do 31 de xaneiro de 2022 pola que se autoriza a Fundación Galicia Europa para conceder subvencións e se aproban as bases reguladoras para a concesión de bolsas de formación, dirixidas a persoas cun título universitario, para realizar prácticas en materia de políticas e programas europeos no ámbito da innovación e da investigación (código de procedemento PR770M).

Duración

O programa formativo das bolsas terá unha duración máxima de once (11) meses. No caso das bolsas de innovación e da investigación o programa formativo das bolsas terá unha duración máxima de doce (12) meses.

O importe total de cada bolsa incluirá as retribucións brutas e os custos da Seguridade Social, o pagamento dun seguro adicional de cobertura sanitaria en Bélxica, así como unha axuda de desprazamento, que terá a consideración de pagamento anticipado de acordo co artigo 63 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro. Este anticipo non exixe a constitución de garantías.

. As bolsas aboaranse mensualmente pola parte proporcional da retribución bruta que corresponda, tras descontar as retencións do IRPF e a cota obreira da Seguridade Social, sempre que non haxa algunha incidencia no seu desenvolvemento.

SE ESTÁS INTERESADA OU INTERESADO EN AMPLIAR ESTA INFORMACIÓN, PREME NA LIGAZÓN QUE SE XUNTA.