Ir o contido principal

DOG Nº 29_CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E UNIVERSIDADE - CONVOCATORIA PROBAS OBTENCIÓN GRADUADO EN EDUCACIÓN SECUNDARIA

✅Se eres maior de 18 anos e estás a preparar as probas para a obtención do Graduado Educación Secundaria, a CONSELLERIA DE CULTURA, EDUCACIÓN E UNIVERSIDADE ben de resolver e publicar no DOG Nº 29´,

⭐RESOLUCIÓN do 3 de febreiro de 2021, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se convocan as probas para a obtención do título de graduado en educación secundaria obrigatoria para maiores de dezaoito anos nas convocatorias de maio e setembro, e se ditan instrucións para a súa

realización.

⏳Forma, lugar e prazos de presentación

1. Os PRAZOS de matrícula serán:

– Convocatoria de maio: 8 de marzo ao 18 de marzo de 2021, ambos os dous incluídos.

– Convocatoria de setembro: 1 de xullo ao 8 de xullo de 2021, ambos os dous incluídos.

As persoas matriculadas para a primeira convocatoria, se non superan a totalidade dos ámbitos da proba, consideraranse matriculadas para a segunda convocatoria sen que teñan que presentar nova documentación.

✍As solicitudes de inscrición deberán presentarse en soporte papel nos centros educativos que se especifican no punto 3 ou por calquera dos medios establecidos no artigo 16 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, utilizando o formulario normalizado (código de procedemento ED540A) que figura como anexo I dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal

? LUGAR DE PRESENTACIÓN

g) Pontevedra:

– Alumnado co primeiro apelido entre a letra A e a letra L: Centro EPA Río Lérez, avenida de Bos Aires 26, 36002 Pontevedra.

– Alumnado co primeiro apelido entre a letra M e a letra Z: IES Frei Martín Sarmiento, avenida de Vigo 23, 36003 Pontevedra.

h) Vigo:

– Alumnado co primeiro apelido entre a letra A e a letra L: Centro EPA O Berbés, rúa Marqués de Valterra 8-1º, 36202 Vigo.

– Alumnado co primeiro apelido entre a letra M e a letra Z: IES Santa Irene, praza de América 7, 36211 Vigo.