Ir o contido principal

DOG Nº 185_CONSELLERÍA DE POLÍTICA SOCIAL E XUVENTUDE - AXUDAS PARA FACILITAR A OBTENCIÓN DO PERMISO DE CONDUCIR: B, C, D

ORDE do 14 de setembro de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas para facilitar a obtención dos permisos de condución das clases B, C e D á mocidade galega, dirixidas ás persoas inscritas no Sistema nacional de garantía xuvenil no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, cofinanciado polo Fondo Social Europeo, Programa operativo de emprego xuvenil 2014-2020, e se procede á súa convocatoria para o ano 2022 (código de procedemento BS321A).

O importe da axuda será de 400 euros para a obtención do permiso de condución de clase B; de 650 euros para o permiso de clase C e de 1.300 euros para o permiso de clase D.

O prazo de presentación de solicitudes será dun mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia. Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación. Se o último día do prazo fora inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte, e se no mes do vence‑ mento non houbera día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo expira o último día do mes.