AXENCIA PARA A MODERNIZACIÓN TECNOLÓXICA DE GALICA (AMTEGA)
PUBLICA: RESOLUCIÓN do 14 de setembro de 2021 pola que se convocan probas de avaliación de carácter libre para a obtención da certificación galega de competencias dixitais en ofimática.
Poden participar nestas probas todas aquelas persoas maiores de 16 anos, ou que os cumpran antes da finalización do prazo de inscrición, inscritas como usuarios/as da rede CeMIT
SOLICITUDES DE PARTICIPACIÓN: As persoas que desexen participar nas probas presenciais deberán inscribirse a través de intenet na páxina web de CeMIT (http://cemit.xunta.gal).
O prazo para a inscrición será de sete (7) días naturais a partir do seguinte da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia. Se o último día do prazo é inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte.
FASE DE MATRICULACIÓN: 1. As persoas admitidas provisionalmente recibirán un correo electrónico confirmatorio coas instrucións necesarias para proceder á súa matriculación. 2. As persoas con dereito a matriculación deberán aboar no prazo de cinco (5) días hábiles desde a data de publicación das listaxes provisionais a taxa correspondente aos dereitos de exame, sendo excluídos aqueles aspirantes que non aboen a citada taxa.
PARA AMPLIAR ESTA INFORMACIÓN, PREME NA LIGAZÓN


