Ir o contido principal

DOG Nº 181_ACADEMIA GALEGA DE SEGURIDADE PÚBLICA (AGASP) - CURSO RECICLAXE SOCORRISMO ACUÁTICO

RESOLUCIÓN do 10 de setembro de 2021 pola que se convoca un curso de reciclaxe de socorrismo acuático en instalacións acuáticas, válido para a renovación da inscrición no Rexistro Profesional de Socorristas Acuáticos de Galicia.

REQUISITOS DE PARTICIPACIÓN DAS/DOS SOLICITANTES:

1. Requisitos XERAIS: os/as solicitantes deben ter a condición descrita na base terceira para estes colectivos.

2. Requisitos FÍSICOS/PSÍQUICOS: os/as solicitantes deberán acreditar que non padecen enfermidade nin están afectados por limitación física ou psíquica incompatible coa realización das accións formativas ou co desempeño das funcións correspondentes ao curso a que se opta, mediante declaración que se efectuará xunto coa solicitude de matrícula no curso, e será obriga de cada alumno/a poñer en coñecemento da Agasp calquera alteración relacionada con esta.

SOLICITUDES:

 O persoal que desexe participar nos cursos convocados nesta resolución deberá cubrir o formulario de matrícula telemática dispoñible na páxina web da Agasp (http://agasp. xunta.gal); non se admitirá ningunha outra forma ou modelo de solicitude.

Para ampliar esta información, PREME na ligazón