Ir o contido principal

DOG Nº 155_CONSELLERÍA DE POLÍTICA SOCIAL - CONVOCATORIA BASES AXUDAS DIRIXIDAS Á OBTENCIÓN PERMISOS DE CONDUCIÓN B e C PERSOAS BENEFICIARIAS DO SNGX

SE ERES BENEFICIARIA OU BENEFICIARIO DO SISTEMA NACIONAL DE GARANTÍA XUVENIL, ESTA INFORMACIÓN, INTERÉSACHE:

??A CONSELLERÍA DE POLÍTICA SOCIAL, no DOG nº 155, publica:

⭐️as bases reguladoras das axudas para facilitar a OBTENCIÓN DOS PERMISOS DE CONDUCIÓN CLASES B e C á mocidade galega, dirixidas ás persoas inscritas no SISTEMA NACIONAL DE GARANTÍA XUVENIL no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia con cargo ao Programa operativo de emprego xuvenil, e se procede á súa convocatoria para o ano 2021.

?O importe da axuda será de 400 euros para a obtención do permiso de condución de clase B e de 650 euros para o permiso de clase C.

✅ PERSOAS DESTINATARIAS E REQUISITOS:

a) Ter feitos os 18 ANOS, sen prexuízo da idade mínima para a obtención do permiso de clase C e que non superen a idade máxima que estableza a normativa vixente do Sistema nacional de garantía xuvenil, de conformidade co disposto no artigo 97.c) da Lei 18/2014, do 15 de outubro, de aprobación de medidas urxentes para o crecemento, a competitivida‑de e a eficiencia.

b) Estar EMPADROADAS na Comunidade Autónoma de Galicia cunha antigüidade mínima DUN ANO.

c) Estar INSCRITAS no SNGX e figurar como beneficiaria no ámbitoda Comunidade Autónoma de Galicia.

d) Estar MATRICULADAS nunha autoescola da Comunidade Autónoma de Galicia no momento de presentar a solicitude ou ben ter o/os permiso/s para o/os cales se solicita a axuda con data de expedición entre o 1 de xaneiro de 2021 e a data de presentación da solicitude.

⚖️OBRIGA:

Obter o permiso de condución para o que se solicitou a axuda entre o 1.1.2021 e o 30.11.2021 e acreditalo segundo o artigo 16.

PARA AMPLIAR ESTA INFORMACIÓN, DEIXAMOS AQUÍ ?? A ORDE AO COMPLETO