Ir o contido principal

DOG Nº 155_CONSELLERÍA CULTURA, EDUCACIÓN E UNIVERSIDADE - CONVOCATORIA CURSOS LINGUAXE ADMINISTRATIVA (LAG) E CURSOS PREPARATORIOS DE CERTIFICADOS DE LINGUA GALEGA (CELGA)

Bo día!! Se estás interesada ou interesado en obter o Certificado de Lingua Galega (CELGA) a CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E UNIVERSIDADE, publica no DOG nº 155, a RESOLUCIÓN , pola que se convocan, con carácter gratuíto, cursos de linguaxe administrativa galega e cursos preparatorios para os certificados de lingua galega, Celga, que se realizarán en distintos períodos e en varias escolas oficiais de idiomas de Galicia.

✅ OBXECTO

Convocar, con carácter gratuíto, cursos de linguaxe administrativa galega de nivel medio e superior en liña, e cursos preparatorios para a consecución dos certificados de lingua galega (Celga), para o curso 2021/22, nas escolas oficiais de idiomas de Galicia que se indican nos anexos I e II, respectivamente.

Os cursos impartiranse entre outubro de 2021 e maio de 2022, en horario de mañá ou de tarde.

⭐️As persoas que desexen participar nos cursos convocados nesta resolución deberán cubrir o formulario de inscrición telemática no enderezo www.eoidigital.com/preinslinguagalega.

✍O prazo para a presentación das solicitudes abranguerá desde o día 1 ata o 10 de setembro de 2021, para os cursos do primeiro cuadrimestre (outubro-xaneiro), e desde o 4 ata o 14 de xaneiro de 2022, para os cursos do segundo cuadrimestre (febreiro-maio).

PARA AMPLIAR ESTA INFORMACIÓN, AQUÍ ?? A RESOLUCIÓN AO COMPLETO